Foto de Silvia Fuentes e Anxos Fazáns
Sétima é unha produtora galega de recente creación impulsada pola produtora Silvia Fuentes e a directora Anxos Fazáns. Conversamos con Anxos sobre os proxectos que teñen en marcha nestes momentos, entre os que se atopa a distribución da súa última curta: “Habitar”.
Sétima nace co obxectivo de construír un espazo de traballo, seguridade e futuro para facer cinema desde Galicia cun compromiso xeracional. Teñen o obxectivo de producir cinema europeo con marcado carácter autoral e que logra chegar ao público. Con este motivo teñen agora mesmo en distribución ‘Habitar’ que trata de responder a estas preguntas sobre a construción das nosas identidades a través do retrato íntimo de persoas transxénero e non binarias de Galicia.
Instagram: @setimacine