Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Bea Blanco e Xaçobe Pérez

O Multiusos da Xunqueira acolle ata o día 31 de decembro a mostra pictórica  ‘EXPRESIÓNS’ de Bea Blanco & Xaçobe Pérez, dous artistas plásticos redondeláns cos que puidemos conversar en Radio Redondela. Ao longo dos vinte días da mostra realizaranse intervencións espontáneas dos artistas, todo un privilexio poder velos pintar en directo.

Nados en Redondela comparten ser exalumno/a do mestre Suso Ben e continúan os seus estudos en diferentes ramas, pero confluíndo na pintura.

Xaçobe Pérez Fontán

Cursou estudos de delineación e arquitectura técnica na universidade de A Coruña. Coas súas obras chega a expoñer no seus comezos xunto con artistas da talla de Lino Lago ou Alfonso Da Silva, e nos últimos anos en museos de índole nacional e internacional como o “MEAM” de Barcelona ou o museo “Pablo Serrano” en Zaragoza, tamén a través de plataformas e guías de arte realista como “Art Renewal Center” nos EEUU ou na “Guía de arte Leonardo 2022” de Barcelona.

Beatriz Blanco Lago

Cursa estudos de deseño e ilustración nos que descubre a súa vocación pola pintura. Con numerosas exposicións ao longo do territorio nacional, resulta premiada no concurso “Modportrait 2017” e preseleccionada no  “Figurativas” dese mesmo ano. Expón a súas obras entre outras nas salas do “MEAM” de Barcelona, no museo “Pablo Serrano” de Zaragoza, no museo “Cerezo Moreno” de Jaén ou na fundación “Ynglada-Guillot” de Barcelona.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp