Hoxe é Domingo 22 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Bea Villar – Produtora BRAVA

Entrevista con Bea Villar de Brava.

Bea Villar, nacida na Coruña en 1998, é unha destacada profesional galega no ámbito audiovisual. Xunto con Cristela Torres fundou a produtora Brava, consolidándose como unha emprendedora no sector.

Entre os proxectos máis salientables de Brava atópase a serie “Pringadas”, dispoñible na plataforma da CRTVG, AGalega.gal. Esta produción acadou notable éxito entre a xeración Zeta, contando na súa nova tempada coa participación da actriz redondelá Lara Álvarez.

Brava tamén se destaca na creación de programas de entretemento como Raíña-me, un programa de entrevistas conducido pola drag queen Alexa Evans. Este proxecto, que estreou na plataforma dixital AGalega.gal, foi descrito como unha “revolución” na televisión galega, sendo o primeiro contido de seu xénero na televisión autonómica​. Ademais, están a traballar en novos proxectos como “NailClue”, que se atopa en fase de produción e da que podedes saber un adianto escoitando a  entrevista. Este é un programa no que tres artistas manicuristas compiten entre si para elaborar en cinco horas o deseño de uñas postizas que mellor encaixe coa personalidade dun cliente misterioso.

Entre as producións de Brava destacan:

  • RAÍÑA-ME: A artista e ‘performer’ Alexa Evans abre as portas do seu Odragoiro a un convidado ou convidada especial para transformar o seu aspecto por completo e comprobar, con retos sorprendentes e entrevistas lixeiras, se teñen o que fai falta para converterse nunha raíña do ‘drag’, con novo nome incluído!
  • A PREVIA: Unha produción que mestura elementos de humor e análise social para retratar situacións cotiás cunha perspectiva única. As creadoras audiovisuais Belén Puíme e Uxía Vázquez conversan sobre unha temática cun convidado ou convidada especial. Cun discurso lixeiro e cheo de comedia, que recorda as previas universitarias antes de ir de festa, buscan pór no foco as realidades dos ‘millennials’ e ‘zentennials’ galegos.
  • A Moza Que o Contou e Abortou (Eire Cid e Rosalía Quiroga) : Gañadora do mellor proxecto de serie web en 2023 do Carballo Interplay. Nadal 2023: a CORA báixalle a regra por primeira vez desde o aborto. Como cada 24 de decembro, a familia reúnese para cear; falan do de sempre -como vai o traballo, como van os estudos- ata que ela decide intervir. Esta é a historia dunha nena que abortou e contouno e como a súa historia desata debates, contradicións e novas revelacións nunha noite na que o fogar se converte nun centro de violencia. Por sorte, ALDARA, a irmá pequena de Cora, grava todo co seu teléfono.
  • Pringadas ( Belén Puime): Unha serie que se gañou o recoñecemento do público da xeración Zeta, dispoñible na plataforma AGalega.gal. Na súa nova tempada, destaca a participación da actriz Ana Oca e a redondelá Lara Álvarez.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp