Este xoves na sección ‘A voz emerxente’ conversamos con Daivd Fidalgo, artista, animador e cineasta galego cun estilo moi recoñecible e particular. Está graduado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde realizou o Mestrado de Álbum Ilustrado e Animación. Coas súas curtametraxes de animación, ‘Cartas aSuperman’ (2016), ‘Homomaquia’ (2019) e ‘Sandwich Cat’ (2022), leva anos participando en diferentes festivais de cinema por todo o mundo. Foi nomeado aos premios Goya 2020 con ‘Homomaquia’ e é gañador do Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual en 2022. Falamos con el sobre a súa traxectoria e a exposición ‘Love’, aberta no espazo da sede en Vigo da Deputación de Pontevedra.
Lembramos ao auténtico e xenuino “mestre do suspense”, o director de cine Alfred Hichcock (Londres, 13 de agosto de 1899-Los Ángeles, 29 de abril de 1980) no espazo Cousas de hoxe
Con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, o 2 de abril de 2025, a Federación Autismo Galicia impulsa a campaña #SomosInfinitos, promovida por Autismo España, para visibilizar
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.De acordo