Facendo Camiño é unha asociación sen animo de lucro dedicada á organización de actividades socio/deportivas de diferentes tipos, enfocado ao colectivo LGTBIQ+, tendo o sendeirismo e as andainas como actividade principal. Falamos con 3 dos membros da directiva da iniciativa: Ilán (presidente e fundador), Lucía (tesoureira) e Alberto (vogal).
As rutas están guiadas por Xosé Viana, experto en turismo de natureza e as actividades programadas son moi variadas e teñen cada unha o seu monitor ou monitora especializado. Ademais do sendeirismo tamén fan distintos deportes ao aire libre como pode ser o ioga, Kaiak ou escalada. A intención é xerar espazos saudables, seguros e inclusivos onde a diversidade é un aliciente para coñecer xente de forma natural e facer novas amizades.
Unha proposta da que nos falan os seus membros na sección A voz emerxente. Non volo perdades e a través das súas redes sociais podedes estar atentos e atentas a calquera novidade: @facendocaminho__