Lida India é unha cantante e compositora da comarca de Ferrolterra. Tras a súa estancia en Sudamérica, principalmente en Brasil, a súa música vese influenciada polos ritmos afro-brasileiros que se mesturan coas súas raíces musicais galegas. Da mestura entre a banda de Lida India e Latexo Percusión xorde un formato único que poderemos escoitar este venres 30 de xuño no Brisa Chiringo (Praia de Cesantes). Estará acompañada tamén polo guitarrista Brasileiro, Mauricio Caruso.
Falamos con ela do concerto desta fin de semana, o proxecto con Latexo Percusión, o seu disco “Nas Rúas” e as súas influencias, entre outras cousas.
Instagram: Lidia India e @lidiaindialatexo
Web Latexo Percusión