Gabi Vacaloura é o convidado nunha nova entrega de “A voz emerxente”. Conversamos con el sobre o lanzamento de “Gameboy”, o novo tema da banda de Teis Os Vacalouras. O grupo de punk/rock ou pataca’n’roll comezou polo ano 2007 con cancións cheas de retranca, ironía e crítica social e 16 anos despois seguen compoñendo na mesma liña e actualizándose sen perder a súa esencia. Un dos seus maiores éxitos é a coñecida ‘O samil é Portugal’ en colaboración co artista luso Quim Barreiros.
Instagram: os_vacalouras