O grupo de teatro Palimoquiño e Cía vén de gañar o certame Xuventude Crea 2022 da Xunta de Galicia coa súa obra “E se todo se reducise o amor”, unha interpretación libre das obras teatrais de Lorca na que podemos atopar 20 actores no escenario interpretando os seus persoaxes principais de forma cómica e mesturando as temáticas nunha peza final moi curiosa.
Unha das actrices explica o proceso de creación da obra e a filosofía da escola a que pertencen (espazo 10), así como o amor polo teatro e o sentido de colectivo que comparten.
Instagram: @palimocoteatro