Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A voz emerxente: Phantom Club

Foto de Noelia Álvarez

Entrevista completa a Phantom Club e Ibán de Blues&Rías.

Phantom Club chega a Redondela na súa mini xira anual por Galicia, no que será un dos dous únicos concertos que darán en 2024. A banda de funk toca hoxe dentro do ciclo Blues and Rías no Brisa Chiringo na Praia de Cesantes con apertura de protas ás 21:30 horas.

A banda celebra os seus 22 anos sobre os escenarios e, desde fai tempo, realiza unha ou dúas reunións anuais, polo que cada concerto convértese nunha ocasión única. En Redondela temos a oportunidade de ver a formación en pleno rendemento, composta por dous arxentinos (Frans Bánfield e Juan Manuel Ons) e cinco músicos galegos nados en Tui (Nena Seila, Charlie Hermida, Brian Moure, Paco Juncal e Víctor Franco) os que este ano únese Tincho Amenabar ao piano.

Dende Radio Redondela tivemos a oportunidade de falar co cantante Frans, o pianista arxentino Tincho Amenabar e o organizador do ciclo Blues and Rías, Ibán González. Na conversa destacamos temas de interese como a evolución da banda ao longo dos anos, as distintas colaboracións polas que apostan cada ano, o seu espírito de loita e enserxía nos escenarios, así como alguna sorpresa que deixa aberta a porta a unha posible volta á composición do grupo. Segundo Frans, “ganas de compoñer non faltan, o que temos é que organizarnos, pero sería todo un pracer volver a sacar algún tema novo”.

Na primeira década dos 2000, convertéronse nunha das bandas máis importantes galegas e unha referencia estatal do funk, que lles levou a publicar o disco “Funksiona (Autoeditado, 2007) e o directo “Moitas noites, boas grazas” (Autoeditado, 2011) no que colaboraron xente da talla de Ariel Rot ou Andy Chango. No concerto interpretarán cancións a ritmo de funk pero cunha chea de matices e mestura doutras músicas, como o rap, o rock ou o blues e unha espectacular posta en escena que os caracteriza. Esta amalgama de influencias deixa tempo tamén para a imporvisación e nos 80 minutos que dura o concerto tamén incluén unha Jam para gozar da música o máis viva posible. De feito, Tincho Amenabar, compoñente de The Shakers Soul & Funk , aportará o súa personalidade e carácter propios dun músico con anos de experiencia e “carretera” en Latino America e que toca por primeira vez en Galicia.

As entradas para este evento exclusivo poden comprarse directamente na billeteira do Brisa ou facer reserva a través de BIZUM ao número 634 896 123 e coma concepto “nome e apelidos” Unha vez recibido farase efectiva a reserva.

Facebook de FB ProduXion encargados do Blues&Rías e facebook de Phantom club

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp