A xornada de ho xe comeza áss 20:00 horas no Centro de Benestar Integrado (Multiusos) onde terá lugar a presentación da peza documental “María a das mil flores” (María a Coxa). A entrada será de balde ata completar o aforo. A continuación, ás 20:30 horas (aprox.) terá lugar o faladoiro ABRINDO COSTURAS, unha mesa que estará moderada pola directora e psicóloga do CIM, Cristina García, e na que participarán: María Josefa Martínez Portela, María Benita Pardal Barreiro e a entrevistada Pilar Viceiro Filgueira.

