Conta con outro traballo audiovisual chamado “Infinitas”. Un documento que conta a realidade do que era, e do que segue sendo, ser muller. Unha peza que retrata os retos e desafíos de tantas profesionais, pero que tamén pon cara a aquelas mulleres que souberon facerlles fronte.
Ademais, Raquel dedícase a divulgar figuras femininas importantes na nosa historia a través da conta de instagram: @mulleresgalegas