A artista de Soutomaior Sara Obelleiro será a primeira en expoñer o seu traballo no proxecto “Artellando, Soutomaior promove cultura” , que busca poñer en valor o traballo dos artistas locais.
A súa obra versa sobre a saúde mental e, gracias a estudar Belas Artes en Pontevedra, presenta pezas de moitas disciplinas, dende escultura ata fotografía.
A inauguración é o día 17 de marzo e a exposición “Baleiro” de Sara Obelleiro estará dispoñible ata o 29 do mesmo mes. Ademais, haberá un obradoiro de arte impartido por Belén Veleiro, en colaboración ca artista.
Para inscribirse apúntate aquí t.ly/i1vT
Instagram: @cheshire7313