Todos os xoves dedicamos este espazo a unha entrevista sobre cultura. Hoxe contamos con Sara Traba directora, montadora, camarógrafa e artista multidisciplinar viguesa. O motivo da nosa conversa é a súa participación no laboratorio Conecta LAB organizado pola Asociación Gallega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) e celebrado na Illa de San Simón.
Entre os seus traballos destaca a dirección e guión da curtametraxe “As vacas de Wisconsin” proxectado e premiada en festivais como o Festival Ibérico de cinema; Cortada Vitoria-Gasteiz short Film Festival e Sitges Film Festival de Curtametraxes de Bogotá (Colombia); Festival de Cans; Premios Mestre Mateo dá Academia Galega do Audiovisual; Premis Gaudí de l’Academia do Cinema Catalá… E como documentalista salienta a “A festa do emigrante” e ”Comando igualdade” . Nestes momentos está a traballar na súa primeira longametraxe de ficción “As Cárcavas”, en proceso de guión e peza coa que se presentou no Conecta LAB deste ano.
Redes soiciais doutros proxectos:
Facebook do Ciclo de Cinema galego-portugués: Mulleres, patrimonios, sociedade.
Vimeo de Sara Traba nesta ligazón.
“As cárcavas son os surcos que se producen nas rocas e chans pola erosión do paso da auga. Son como cicatrices que o tempo deixa na terra. As cárcavas constrúese a través de moitos momentos de observación da paisaxe, momentos nos que sentimos as cousas como veñen, non podemos modificar eses instantes nin sentilos doutra maneira. Simplemente chegan”.