Xe , é un libro de Lara Boubeta Bamio, ilustrado por Sara Valcárcel, que fala sobre a liberdade, sobre o dereito de ser a persoa que verdadeiramente queiramos ser. Nesta lectura, dedicada á cativada, o personaxe principal, Xe, é un neno ou unha nena, quen sabe? Un misterio para toda a humanidade. A través desta historia, autora e ilustradora, expoñen a necesidade de fuxir do canon social, do politicamente correcto, para atopar a propia esencia. Esta obra representa a búsqueda da liberdade e, sobre todo, da identidade persoal.
No ámbito editorial, tamén ilustrou “O libro secreto da filosofía”, de José Carou (Editorial Galaxia, 2023), “Xe”, de Lara Boubeta Bamio (Editorial Galaxia, 2023), “O ladrón de paraugas”, de Xosé Lueiro (Editorial Galaxia, 2021), “Call me Sinbad”, de Francisco Castro (Small Stations, 2020), e a cuberta de “Un intre antes do solpor”, IV Premio Varela Buxán, de Ana Carreira (Fundación Cultural da Estrada, 2015).
#Noaltodopoleiro
Instagram: Sara Valcárcel