Hoxe é Martes 1 de Abril de 2025

ADEGA chama á loita: “O proxecto de Altri non está aprobado e pódese parar”

Foto da recollida de firmas de ADEGA na Feira do Queixo de Arzúa

O proxecto de celulosa de Altri en Palas de Rei (Lugo) deu un paso adiante tras a publicación, o pasado 14 de marzo, da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorable no Diario Oficial de Galicia (DOG). A Xunta considera o proxecto “ambientalmente viable”, coa produción anual de 400.000 toneladas de celulosa soluble e 200.000 toneladas de lyocell, utilizando 46 millóns de litros diarios do río Ulla e 1,2 millóns de toneladas de eucalipto. Porén, a decisión desatou unha forte oposición. ADEGA, xunto a colectivos como Greenpeace e Ulloa Viva, critica a DIA por ignorar 27.000 alegacións e 600.000 firmas en contra, alertando sobre a contaminación do río Ulla, a perda de biodiversidade e o impacto no marisqueo e no Camiño de Santiago. O domingo 16, unha manifestación en Palas de Rei reflectiu o rexeitamento social.

Aínda que a Declaración de Impacto Ambiental foi un avance para Altri, desde ADEGA aseguran que hai marxe para frealo: o proxecto depende de trámites como a concesión de augas, a autorización de construción e, sobre todo, os 250 millóns de euros dos fondos Next Generation. Para ADEGA, a clave é actuar rápido e coordinar presión legal e social antes de que Altri consolide os seus apoios.

Fins Eirexas, secretario executivo da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) di que “non nons deixemos enganar pola estratexia da Xunta de Galicia e continuemos na rúa, pois lonxe do que nos queren facer pensar o proxecto non está aprobado e pódese parar”.

Postura de ADEGA: A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) opónse rotundamente ao proxecto, cualificándoo de “macrocelulosa depredadora”. Denuncia o seu impacto ambiental (contaminación do río Ulla e da ría de Arousa, eucaliptización e emisións tóxicas) e impulsa accións legais, como un recurso contencioso-administrativo contra a Xunta e a posible impugnación da concesión de augas. ADEGA cre que hai tempo para detelo, combinando presión xudicial (no TSXG e en instancias europeas) e social, antes de que se aproben os fondos Next Generation. “Altri non”, é a súa mensaxe.

Próxima mobilización: Lembramos que a próxima manifestación convocada pola Plataforma Ulloa Viva está programada para este sábado 22 de marzo de 2025. Esta protesta terá lugar na Pobra do Caramiñal e está liderada polo sector produtivo vinculado á ría e ao mar, como resposta á recente aprobación da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorable ao proxecto de Altri en Palas de Rei por parte da Xunta de Galicia. Ulloa Viva fixo un chamamento á “participación masiva” para mostrar o seu rexeitamento á macrocelulosa e anunciou que esta acción enmárcase nunha estratexia que inclúe tamén medidas administrativas e xudiciais para tentar frear o proxecto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: