No espazo As mulleres contan, percorrendo camiño falamos con Aitana Gosalbez, nai de Alex, un neno que padece un tipo de leucodistrofia, un trastorno xenético raro que afectan ao sistema nervioso central e que padece unha persoa de cada 450.000. O seu nacemento supuxo moitos cambios que se intensificaron cando deciden aumentar a familia e nacen dúas xemelgas. Aitana decide mudar de traballo para poder compatibilizar vida laboral e familiar, algo especialmente complicado nunha familia numerosa cun dos seus membros con necesidades especiais. Insiste en que o reparto de tarefas é indispensable para afrontar o día a día e que “renderse nunca é unha opción”.