A nosa protagonista é camioneira de profesión. Unha actividade á que chega por casualidade, logo de dedicarse durante a anos a hostalaría. En plena pandemia, traballando nun sector que se viu especialmente sacudido pola crise do coronavirus, decide darlle unha volta a súa vida laboral e probar sorte como condutora de camións, un cambio do que se sente orgullosa.
Recoñece que o traballo é duro “sobre todo nos horarios porque te obriga a durmir moitas noites fóra da casa” o que o converte nunha profesión moi complicada á hora de conciliar coa vida familiar. Apunta tamén que non é apto para aquelas persoas que se vexan incapaz de facer noite nun camión nun área de descanso. Con todo, recomenda unha profesión na que asegura sempre se sentiu ben recibida por uns compañeiros maioritariamente homes e anima as mulleres que gusten de conducir a achegarse a un sector que cada día suma máis condutoras.
Falamos con Ana María Torrado no espazo “As mulleres contan, percorrendo o camiño”, unha sección da Radio Municipal en colaboración coa Concellería de Igualdade.