Hoxe é Martes 1 de Abril de 2025

As mulleres contan: As Sarillas

Mulleres, veteranas e adictas ao Balonmán. Así son As Sarillas, un equipo que naceu hai 13 anos adscrito á SAR e que ten logrado importantes éxitos na súa andaina. Con todo, o máis salientable é a unión que xurde neste contexto deportivo e que as mantén en activo. Soñan con ir ao Europeo que se vai celebrar en Portugal e tamén en participar nunha liga que lles permita competir contra outras comunidades.

Mar Núñez e Ángela Alonso pasan polos nosos micrófono para contarnos como naceu o equipo e como foi evolucionando ata agora “co cupo pechado porque somos tantas que é complicado adestrar”. A súa intención é seguir “mentres o corpo aguante”.

Falamos con elas no espazo “As mulleres contan. Percorrendo camiño” un espazo en colaboración coa Concellería de igualdade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: