Hoxe é Martes 6 de Maio de 2025

As Mulleres Contan: Begoña Rodríguez Collazo

Begoña Rodríguez Collazo é unha das fundadoras da empresa Instrategia Spain. Unha empresa redondelá conformada por un equipo multidisciplinar –todas elas mulleres- de analistas, psicólogas laborais e especialistas en marketing e redes sociais. A súa labor tras o lema “humanizando empresas, desarrollando persoas” é asesorar outras empresas para favorecer que conten cun bo ambiente de traballo que lles permita avanzar nos seus respectivos sectores e ter proxección de futuro.

Asegura que emprender, deixar un traballo para montar unha empresa sempre ten un punto de risco o que se traduce en “vertixe, medo e incerteza” pero engade que “o que ven despois é ilusión e gañas de avanzar”.

Fálanos do seu traballo que se desenvolve en diferentes puntos de todo o estado e con empresas de tamaños e sectores diversos.

“As mulleres contan, percorrendo o camiño”, un espazo da Radio Municipal de Redondela en colaboración coa Concellería de Igualdade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: