O equipo, que naceu como unha experiencia puntual para participar nun torneo co gallo da celebración do 8M, acabou converténdose nun equipo estable de xogadoras. Son ao redor de vinte nais que chegaron ao Club de Baloncesto de Redondela a través do seu fillos e fillas. A afección chegou coa práctica, xa que moitas delas nunca tiñan realizado deporte. Animan a potenciais xogadoras a sumarse a este equipo “o único que fai falta é ganas de pasalo ben” e salientan os beneficios tanto físicos como anímicos que lles reporta esta actividade.
Visitan as instalacións da Radio Municipal de Redondela Tania Martínez, Pepa Giráldez e Lourdes Castaño na sección “As mulleres contan, percorrendo o camiño” en colaboración coa Concellería de Igualdade.