Dedicamos o mes de xuño ao ensino. Falamos con Loli Montes, mestra e directora do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes. Fálanos das dificultades ás que se enfrontaron o curso pasado, no que de xeito repentino tiveron que suspender as aulas presenciais por mor da pandemia. Tamén nos conta como se organizou este curso, marcado polos protocolos Covid, e agradece a implicación do profesorado e as familias para levalo a diante con éxito. No plano persoal lembra que aínda queda camiño por avanzar para chegar a unha “igualdade real” entre homes e mulleres. O papel da muller como “coidadora” segue aínda moi asentado na sociedade, “tanto no caso dos menores como do maiores e dependentes”. Esta sección conta coa colaboración da Concellaría de Igualdade.