Procedente dunha saga de barbeiros, Fátima Pazos decidiu seguir co oficio. Recoñece que os seus inicios non foron doados “notei o machismo, había homes que non estaban dispostos a que fora unha muller quen lles fixera a barba ou lles cortara o pelo”. Uns inicios difíciles aos que se enfrontou con tan só 17 anos. Con todo, logrou superar “un primeiro ano complicado, grazas tamén ao apoio incondicional da miña parella” e co paso do tempo aventurouse a darlle unha volta ao negocio coa súa proposta Distrito DF. “Somos barbería, temos servizo de tatuaxe e de piercing e estamos abertos a dar cabida a novas iniciativas”.
Logo de pasar por situacións persoais complicadas agradece especialmente “a fidelidade da súa clientela, que nunca nos abandonaron e que segue crecendo”.