Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mulleres contan, percorrendo camiño. Mari Carmen Costas, empresaria.

Comezamos o mes de outubro retomando o espazo “As mulleres contan, percorrendo camiño”. En colaboración coa concellería de Igualdade esta sección pretende dar voz a mulleres de Redondela para facer visible o seu traballo e as súas inquietudes. Hoxe falamos con Mari Carmen Costas, empresaria do sector da hostalaría e a panadaría, con varios negocios na comarca que suman 60 empregados. Fala dun negocio duro “con moitas horas de dedicación” e que foi medrando “pouco a pouco”. Recoñece que ser muller neste sector “non é doado” e como noutros ámbitos “aínda se valora máis o papel do home”. Explica que en moitas ocasións clientes ou provedores non asumen que unha muller dirixa o negocio “e preguntan polo xefe”. Tras 40 anos de traxectoria, Mari Carmen apunta que se vai avanzando no terreo da igualdade pero advirte que “aínda queda moito camiño por percorrer”. Lamenta que a día de hoxe unha muller “sempre ten que demostrar o dobre que un home” para ser recoñecida no seu traballo.

Escoita aquí a entrevista completa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp