Comezamos o ano nesta sección dedicada ás mulleres de Redondela con Paula Amoedo Lamas, unha moza de 23 anos licenciada en Belas Artes e que actualmente participa no Obradoiro de Emprego de Deseño gráfico e páxinas web. Cóntanos que lle gustaría dedicarse á docencia, pero recoñece que agora que está a formarse no mundo dixital “ábrese outra opción laboral moi interesante”. No obradoiro no que participa o alumnado está a realizará a páxina web para a Concellería de Medio Ambiente.