Hoxe falamos con Rita Sobral, odontóloga redondelá á que a profesión lle vén por tradición familiar. Desde nena acudía á clínica da súa nai e sempre amosou interese por esta especialidade sanitaria. Nun sector no que cada vez son máis as mulleres, Rita afirma que nunca sentiu discriminación “nin nos estudos nin no traballo”. O trato cos seus pacientes é tamén moi positivo, e sinala que moitos “coñécenme desde nena”. No centro onde traballa coidan a saúde bucodental dos seus pacientes e fan tamén un importante traballo de prevención do cáncer oral.