Tania Aguilera é unha de tantas mulleres que traballa nun sector masculinizado, neste caso nunha empresa do sector da automoción como operaria de fundición. “Ter ganas e forza física” son os dous requisitos necesarios para un traballo no que elas son minoría pero no que atopa total apoio dos seus compañeiros.
Unha muller polifacética que participa intensamente das tradicións da vila sendo unha das “Burras” indispensables para a celebración da Danza das Espadas e As Penlas.