Anecdotario redondelán é un blog sostido por Juan Migueles. Cultura, historia, arqueoloxía, cine, xeografía, paisaxe, fotografía, música e unha infinidade de cousas máis teñen acubillo neste espazo da rede.
Desde a materia de Paisaxe e Sostibilidade do IES Mendiño fan unha pequena homenaxe radiofónica ao blog e ao seu autor; así como pedir a quen ten asignadas as responsabilidades de protección e promoción do patrimonio que iniciativas como o Anecodotario redondelán non desaparezan.