Escoitamos a entrevista que Sara e Antía de 3º de ESO manteñen coa escritora Eva Mejuto, autora de obras moi recoñecidas e de grande difusión entre o público en xeral e especialmente na mocidade, como A lavandeira de San Simón, 22 segundos ou Memoria do Silencio co gallo da visita que a autora fixo ao IES Mendiño onde compartiu cos membros do noso club de lectura, LeMendiño, unha das sesións mensuais.