O IES Mendiño fai balance da iniciativa “Unha semaniña enteira” que promoveu o uso do idioma entre a rapazada, profesorado e pais e nais durante a semana do 26 de febreiro ao 1 de marzo. Unha proposta que contou nesta edición coa implicación do Concello a través do Servizo de Normalización Lingüística, as entidades deportivas do municipio e a Asociación de Empresarios e qu se vivíu de xeito especial non só no IES Mendiño senón tamén no Instituto pedro Floriani e no IES de Chapela así como no Conservatorio e na Escola de música.