Andrea Bouzón (Redondela) achégase aos nosos micrófonos para colaborar na sección Carreira de Fondo e conversar sobre o seu proceso académico e laboral. Estudou o grao de Psicoloxía na USC e o Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria na universidade de Córdoba.
Nestes momentos está traballando como psicóloga en Provivienda, unha entidade a nivel estatal que traballa con persoas en situación de vulnerabilidade residencial, e interveño tanto a nivel individual e grupal como comunitario.
O Traballo de Fin de Grao, que logo ampliou no traballo final do máster, está dispoñible en formato artigo para quen estea interesado en saber máis sobre unha investigación deste tipo: “Variables Escolares e Consumo de Drogas na Adolescencia e Adultez: un Estudo Retrospectivo”.