Carolina Guedella (Redondela) achégase a Radio Redondela para falar sobre o seu proceso académico, as saídas laborais do Grao de Criminoloxía da USC e certos puntos a ter en conta se te plantexas entrar nesta profesión. Un dos seus consellos é escoller ben a universidade onde estudar, prestando atención aos profesores que imparten as materias e o seu currículo, pero sobre todo saber diferenciar entre a criminalística e a criminoloxía.
Unha profesión “de película” que en España aínda non está establecida e recoñecida como o está en Estados Unidos, por exemplo. Entre as anécdotas da entrevista, Carolina sinala cal sería o posto de criminóloga en España nas investigacións coñecidas e televisadas, poñendo como exemplo o famoso Caso Asunta.