Cecilia é fisioterapeuta graduada pola Universidade de Vigo. Desde entón, non deixou de formarse e especializarse, especialmente no fascinante e delicado mundo da fisioterapia pediátrica, onde conta cun posgrao realizado en Madrid, validado pola Universidade de San Jorge a través de Fisiofocus.
A súa traxectoria abrangue unha ampla formación en trastornos dixestivos, cólico do lactante, lactación materna e mesmo trastornos e patoloxías infantís. Cecilia tamén se preocupa pola saúde da muller en todas as súas etapas, incluíndo embarazo e postparto, apoiándose no exercicio terapéutico e en clases de pilates específicas. Por se isto fose pouco, conta tamén cun curso de ecografía musculoesquelética, que lle permite achegar aínda máis precisión no seu traballo diario.
Logo de varios anos traballando nun centro en Marín, decidiu dar un paso adiante e lanzarse como autónoma, ofrecendo os seus servizos desde Arcade.
Conversamos con ela das diferentes saídas desta carreira e afondamos na súa experiencia onde aporta consellos moi útiles sobre o mundo da fisioterapia. Se queres saber máis sobre o seu traballo podes acceder ao seu artigo de investigación “Efectos maternos e neonatales do parto na auga. Unha revisión sistemática”, feito como traballo de Fin de Grao.