Nesta entrevista, falamos con Daniel Cabaleiro, natural de Redondela, sobre a súa experiencia académica e laboral tras estudar o Grao en Física na Universidade de Santiago de Compostela. Daniel cóntanos como foi a súa etapa universitaria, os desafíos que enfrontou e as oportunidades que xurdiron no seu camiño profesional.
Ademais, reflexiona sobre as saídas laborais desta carreira e compara a formación en España coa doutros países de Europa do Norte, como Suecia, onde o enfoque académico e as oportunidades nesta materia son notablemente mellores. Con franqueza, admite que, se o obxectivo é ter un acceso máis directo ao mercado laboral, optaría por unha enxeñería. Segundo el, a Física é unha disciplina apaixonante, pero estudala é “por amor ao arte”.
Se pensas que falar de Física pode ser aburrido, esta entrevista demostrarache o contrario! Cun ton ameno e divertido, Daniel comparte anécdotas e reflexións que farán que vexas esta disciplina desde outra perspectiva.