Nunha nova entrega da nosa sección Carreira de Fondo, temos o pracer de contar con Noa Viaño, de Chapela, que nos achega a súa experiencia no Dobre Grao en Dereito e Administración e Dirección de Empresas (ADE) na Universidade de Vigo. Ademais, Noa é remeira do Club de Remo de Chapela no equipo sénior feminino, unha faceta que engade aínda máis intensidade á súa traxectoria. Cando lle preguntamos como foi para ela decidirse por esta combinación de estudos e que a motivou, Noa explícanos que sempre lle gustaron os retos e que tiña claro que quería unha formación ampla que lle abrise portas en diferentes ámbitos. “Dereito ofrecíame unha base sólida para entender as leis e o funcionamento da sociedade, mentres que ADE me achegaba unha visión práctica do mundo empresarial. A combinación pareceume perfecta”, asegura. O que a motivaba era a idea de ter un perfil versátil, aínda que recoñece que entrar non foi sinxelo. “A nota de corte estaba alta, creo que rondaba o 10,5 sobre 14”, lembra.

A voz emerxente: El Cuarto de Tula trae a Diva urban club o ritmo cubano
Estamos a poucos días de que a Sala Diva Urban Club en Redondela énchase de ritmo, sabor e esa maxia que só a música cubana pode traer, esta vez cun