Hoxe é Mércores 2 de Abril de 2025

Carreira de fondo: Silvia Estévez – danza, artes visuais e xestión de eventos culturais

Nunha nova entrega da sección Carreira de Fondo charlamos con Silvia Estévez (Redondela), unha profesional cun percorrido único que une a danza, as artes visuais e a xestión de eventos culturais. Desde os seus inicios en Oporto, onde se formou no Bacharelato Artístico especializado en Danza no Conservatorio Ginasiano e no Instituto Almeida Garret, ata a súa etapa en Madrid, onde cursou Artes Visuais e Danza na Universidad Rey Juan Carlos, Silvia foi tecendo unha carreira diversa e rica en experiencias. En Madrid, participou en proxectos como o Ballet de Cámara e ampliou os seus horizontes cun Máster en Organización de Eventos Culturais e do Entretemento, con prácticas en Riot Comedy. Hoxe, dende Barcelona, traballa como Project Manager nunha axencia, xestionando eventos para sociedades científicas, médicas e corporativas, mentres planea dar un novo paso cun Máster en Dirección de Arte. Nesta entrevista, Silvia cóntanos por que elixiu a danza nun lugar como Oporto, como foi a súa transición ao mundo da xestión cultural, que a levou a instalarse en Barcelona e como conecta a súa paixón creativa co seu día a día profesional. Tamén nos deixa consellos para quen queira explorar un camiño tan ecléctico como o seu. Benvida, Silvia!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: