Esta foto está baixo licenza Creative Commons
Músico, cantante e compositor británico-australiano morreu un 19 de febreiro do ano 1980 cando contaba tan só 33 anos. Foi vocalista da mítica banda de rock AC/DC, intérprete de temas tan míticos como «Highway to hell», que acabaría converténdose para moitos en todo un himno do rock and roll, de finais dos 70.
Falamos da súa vida, da súa discografía e tamén dunha morte prematura e envolta en misterio con Manuel Álvarez Moreira.