Esta imaxe está baixo licenza Creative Commons
Cúmprense 85 anos da estrea de todo un clásico dos anos dourados de Hollywood protagonizado por Vivian Leigh e Clark Gable. Falamos dunha película de records polo número de premios recibidos, a súa metraxe próxima ás catro horas e o número de veces que se ten proxectado en salas de cine e emitida na televisión. Unha película que non pode afastarse do racismo imperante na época. Falamos de todo isto no espazo #cousasdehoxe con Manuel Álvarez Moreira.