A banda redondelá Elëven tocarán no Brisa Chiringo xunto con Perpetual este venres a partir das 21:30 horas. O Heavy metal e o Death metal farán vibrar a area da Praia de Cesantes. As entradas poden comprarse directamente na entrada ao establecemento.
Falamos con Martín, membro de Elevën, do próximo EP que teñen pensando lanzar nos próximos meses e a nova etapa na que pretenden crecer e darlle unha volta ao concepto do grupo. Ademais do novo logo, teñen preparadas catro cancións novas das que nos ofrece un pequeno adianto. A primeira xa está dispoñible para escoitar nas plataformas dixitais.