Hoxe é Xoves 17 de Abril de 2025

Entrevista con Rubén de Alterazión, finalistas do concurso de maquetas do Millo Verde

Nesta nova entrega de “A voz emerxente”, charlamos con Rubén, membro da banda melidense Alterazión, que este sábado, 12 de abril, competirá na final do Concurso de Maquetas do Festival Millo Verde no antigo Campo do Gando, en Redondela. O seu punk-rock galego, cheo de enerxía e raíces, está a destacar na escena, e nesta entrevista Rubén explícanos como definen o seu estilo, o proceso tras as súas creacións e as expectativas para esta actuación tan especial. Ademais, fala do orgullo que senten por temas como “Nada”, extraído do seu último traballo, que poderedes escoitar ao final da entrevista.

Alterazión chega cunha traxectoria consolidada baixo a anterior formación coñecida como “Alterazión del Orden”, con tres discos ás súas costas: o debut homónimo Alterazión del Orden, o potente Carrera de Ratas e o máis recente Zona de Exclusión, que poderemos gozar en directo neste concurso. Escoita a entrevista completa e mergúllate no son dunha das bandas emerxentes con máis pegada da nosa terra!

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: