As restriccións por mor da crise sanitaria non nos permiten facer visitas turísticas fóra da nosa bisbarra, pero podemos aproveitar para percorrer o noso patrimonio histórico. Hoxe visitamos Monte Penide, da man da guía Soledad Chayán. Coñecemos as mámoas e os petróglifos da zona, e tamén interesantes lendas das Mouras que habitan o lugar.