As Bibliotecas Municipais celebran tamén o Día do Orgullo lembrando que a temática LGTBIQ+ está tamén moi presente na literatura. Mª José Villar dende a Biblioteca de Chapela fálanos de catro propostas que podemos atopar nese espazo. “Carol” de Patricia Highsmith, “Flores particulares” de Nora Eckert, “Tan poca vida” de Hanya Yanagihara e o libro infantil “El secretode Abelardo” de Blanca Lacasa son as catro propostas que nos deixa este espazo literario na Radio Municipal.