Portugal é o agardado quinto volume da serie xuvenil Os Cinco de Ons, despois de Ons, Cans, Guitiriz e Arousa. As historias de Anabel, Roi, Suso, Fátima e mais a Rula son xa un clásico da literatura xuvenil galega dos que nos fala dende as Bibliotecas de Redondela, Mª Elena Becerra, quen completa a súa proposta semanal cunha curiosidade “Platos con ¡PINTAZA! El arte de Mao Momiji.

Literatura nas ondas: A Biblioteca de Chapela celebra o Día das Letras Galegas
Mª José Villar achégase aos micrófonos da Radio Municipal para falarnos das actividades que se van desenvolver na Biblioteca Xela Arias nas vindeiras xornadas. Citas que conmemoran as Letras Galegas