Tatán, un artista sen igual, chega a Onda Torrella.
Esta semana, Fon Conde recibe en Onda Torrella a un invitado moi especial: Tatán, un amigo da infancia co que compartiu a vida a través do amor á música, a arte e o teatro. Coñecido como o crooner das Rías Baixas, Tatán é unha figura indispensable da cultura galega. Recoñecido como un dos mellores actores do panorame, cun talento que transcende fronteiras e que sempre leva a nosa esencia consigo.
Acompñado de Blanca, facemos un repaso pola súa historia.
Non perdas esta conversa chea de lembranzas, complicidade e amor pola arte!
