Están convocadas máis de 50 persoas expertas e profesionais para analizar e debater sobre o consumo de produtos do mar, a calidade diferenciada e a sustentabilidade no sector da alimentación. Ademais, promoverase o diálogo e o intercambio de ideas con mesas redondas nas que participarán unha ampla diversidade de entidades e empresas, como o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Fundación Cetmar, Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), Intereco, Fundación Española de Nutrición, Congalsa, Fedepesca, Vegalsa-Eroski, GADISA, FROIZ, Ecoembes e Conxemar, entre outras.
