Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro Mundo é posible. A cara B do Nadal: contaminación e colapso.

O Nadal vigués xerou máis de 300.000 toneladas de gases de efecto invernadoiro. A masiva afluencia á cidade durante estas festas levou a que o centro da urbe e os seus accesos colapsaran. Antón Lois, da asociación Amigos da Terra, explica que se nun mes normal as emisións de CO2 e gases de efecto invernadoiro do tráfico en Vigo superan as 61.328 toneladas, os dous meses de fastos do Nadal “poderían chegar ás 300.000 toneladas”. Paradoxicamente esta contaminación produciuse nun espazo que desde o pasado 1 de xaneiro debería ser “zona de baixas emisións”. Esta situación incrementa tamén o ruído, cando xa en 2019 se superaban os máximos permitidos polas ordenanzas municipais.

Todos os accesos á cidade estiveron colapsados
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp