Hoxe en outro mundo é posible temos con nós a Antonio García, presidente do colectivo Andaina para falar do Día Internacional da Diversidade Funcional e a importancia da visibilización e concienciación.
“Desde Andaina seguiremos traballando por un cambio de mirada da sociedade. E iso só conseguirase co respecto a cada forma de ser e estar, desde unha sociedade global sen capacitacismos, na que se considere á diferenza como unha riqueza, onde a convivenvia sexa a normalidade, cunha educación que achegue a cada alumnado os apoios necesarios, onde a diversidade póñase en valor e cunhas institucións públicas comprometidas e que consideren a todos os seus cidadáns e cidadás.
Queda moito camiño, e hai que derrubar moitos obstáculos. Pero seguiremos na nosa Andaina.”