Hoxe é Mércores 19 de Febreiro de 2025

Outro mundo é posible: “Bembrive en Pé” opónse á prolongación do túnel da A-52

Foto da asamblea do martes 21 de xaneiro no C. Cultural Helios

Escoita aquí a entrevista completa a Roberto Estévez, presidente do colectivo Bembrive en Pé

‘Bembrive en pe‘ é un colectivo de veciños que se opón ao proxecto de construción da prolongación en túnel da A-52 desde O Porriño ata Vigo.

Rexeitan a construción desta infraestrutura que suporá un investimento superior aos 300 millóns de euros “cando a liberación da peaxe da autoestrada que vai en paralelo sería unha opción máis lóxica”. Denuncian que esta actuación conlevaría un grave impacto ambiental e social nesta zona rural de Vigo. Roberto Estévez, presidente do colectivo Bembrive en Pé, sinala que o modelo de “piche e formigón dos anos 80 está esgotado” e que as políticas do século XXI deberían camiñar cara unha mobilidade “máis sostible” e cun transporte público “eficiente e útil” para a cidadanía que permita reducir o uso do vehículo particular.

Ante a falta de resposta do Concello de Vigo e as institucións implicadas, os veciños afectados e membros da Plataforma Bembrive en Pé decidiron presentar as súas alegacións ao novo proxecto de infraestruturas no Concello de Mos. “En Vigo, só permítennos ao día entregar unhas 150 alegacións pero é que temos miles de alegacións e non nos queda tempo. Pedimos axuda ao concello de Mos e tendéronnos a man”, explica Roberto. A Plataforma leva recollidas ata este luns preto de 5.000 alegacións, das que 1.500 están no Concello de Mos, outras entregadas e pendentes de rexistro, e outras tantas xa rexistradas.

Xa están a traballar cun equipo de avogados para presentar unha nova alegación que rexistrarán nos próximos días. O prazo oficial finaliza o vindeiro luns 3 de febreiro. Ademais das accións legais, están a organizar un festival de música local para o 15 de febreiro en Bembrive co fin de recadar fondos para a causa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: