Hoxe é Martes 8 de Abril de 2025

Outro mundo é posible: día da concienciación sobre o Autismo

Entrevista completa a Antía Fernández.

Con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, o 2 de abril de 2025, a Federación Autismo Galicia impulsa a campaña #SomosInfinitos, promovida por Autismo España, para visibilizar a diversidade do espectro autista e reclamar apoios personalizados e flexibles para as persoas con autismo en todas as etapas da vida. En Galicia, onde se estima que hai máis de 27.000 persoas no espectro, a Federación mobiliza as súas 15 entidades cunha axenda de actos reivindicativos e de sensibilización. Nesta entrevista, Antía Fernández, psicóloga da Fundación Menela en Vigo e membro da Federación, explica a importancia desta iniciativa e fai un chamamento á sociedade e ás administracións para construír un futuro máis inclusivo.

Como participar na campaña e apoiar ás persoas autistas?

Súmate ao Día de Concienciación do AUTISMO. Como podes participar?

A Federación Autismo Galicia convida á cidadanía, entidades, empresas e centros educativos a implicarse activamente no Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo a través de diferentes accións:

FAI O XESTO DO INFINITO: O infinito de cores simboliza a diversidade dentro do espectro autista. Anímate a facer o xesto coas túas mans e compartilo nas redes sociais cos hashtags #DíaMundialAutismo e #SomosInfinitos.

ASINA O MANIFESTO: Podes apoiar as reivindicacións do movemento asociativo asinando o manifesto dispoñible en varios formatos na web www.diamundialautismo.com.

MANIFESTO GALEGO AQUÍ

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp
Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: