A Asociación ALENTO é unha entidade sen ánimo de lucro e de iniciativa social formada por persoas afectadas por un Dano Cerebral Adquirido, as súas familias, voluntarios e voluntarias, colaboradores e profesionais. Falamos coa neuropsicóloga, Amparo Rodicio, e o director da asociación, Gonzalo Mira con motivo do día internacional do Ictus que se celebra o 29 de outubro.
As familias poden poñerse en contacto con ALENTO en diferentes fases ou procesos: na fase hospitalaria (cando o seu familiar está aínda no hospital ou recibe o alta), na fase de rehabilitación, ou na fase crónica (meses ou anos despois de sufrir o Dano Cerebral).
Conta na actualidade con dous centros na Provincia de Pontevedra para a atención a persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA) producidos por un ictus ou un traumatismo craneoencefálicia:
- Centro de Día terapéutico en Vigo.
- PonteDCA. Punto de Información sobre Dano Cerebral en Pontevedra.