Hoxe é Domingo 8 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Outro mundo é posible: Enerxía Comunitaria

Damos a benvida ao espazo ‘Outro mundo é posible’ onde nos centramos en problemáticas medio ambientais e sociais. Hoxe contamos con Raquel Fernández, socia da asociación Amigas da Terra, para falar da Campaña Acende a Enerxía Comunitaria lanzada pola Colación pola Enerxía Comunitaria. Aproveitando que o 5 de xuño é o día do Medio Ambiente imos falar desta iniciativa e dos seus obxectivos.

Coa campaña Acende a Enerxía Comunitaria a Coalición busca concienciar á cidadanía sobre a urxencia de multiplicar as comunidades enerxéticas por toda a xeografía española. Para este fin están a solicitar firmas para esixir ao Goberno un maior apoio para a creación destas comunidades, tanto no seu financiamento como no asesoramento necesario para que a cidadanía as impulse. Así mesmo, propoñen eliminar as barreiras na distribución e os trámites burocráticos que, de facto, impiden o avance necesario das comunidades enerxéticas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

A voz emerxente: Carolina Sertal

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de galardoar á xornalista Carolina Sertal Souto (Redondela) polo seu traballo na reportaxe “Bebés roubados, entre o silencio e a impunidade”, aparecida en

Escoitar audio »